We’ve updated our Terms of Use to reflect our new entity name and address. You can review the changes here.
We’ve updated our Terms of Use. You can review the changes here.

disco billarda

by REPÚBLICA BILLARDA

/
  • Streaming + Download

    Purchasable with gift card

     

1.
2.
3.
Billarda Sempre – MAFIA GALEGA Nace a Auténtica en campo liberado, que pase a historia, que cuspa nas mans. Soñouno Calvete, o resto han contalo os bares do abrente, de Foz a Cabral: Cargai no carro un mundo de xente, vinde dos Mallos, de Ourense e Goián, e pra quen pense que estaba acabado o xogo na Terra, rexurde e berra: billarda sempre, adiante co varal! Pobo qué esperas? , adiante co varal! Palán ergueito, no brazo unha estrela, a nave de buxo rebenta a mañá; fura o nordeste cun seco varado, dálle na frente ao Imperio do Mal. Cargai no carro un mundo de xente, vinde dos Mallos, de Ourense e Goián, e pra quen pense que estaba acabado o xogo na Terra, rexurde e berra: billarda sempre, adiante co varal! Forza estornela, adiante co varal!
4.
5.
6.
7.
8.
9.
LABAZADA A quén non lle gusta aliviar tensións? zoupándolle ben forte ás preocupacións nene a fórmula 1 nen o furbol millonario van impedir que xoguemos a diario Estou na liga de Billarda a partida.... xa me tarda!! xógase nas rúas , xógase nos parques non imos parar ate xogar en todas partes . É unha nova febre que estase a extender , os médicos non saben como van facer non hai vacinas , non hai medicacións hai laboratorios traballando para atopar a solución. Estou na liga de Billarda a partida.... xa me tarda!! xógase nas rúas ,xógase nos parques non imos parar ate xogar en todas partes . non imos a parar , non!! ate xogar en todas partes!!
10.
MIGUEL ALONSO Hai dias que collo forza e baixo á rúa a ver morrer a cidade e ás veces vexo soños nunha saia Hai días que me afundo e logo caio no pozo donde se afunden as verdades e alí uns tipos xogan á billarda... E collo o pau e doulle un duro golpe a toda a merda destes días raros e sáe un pau voando contra as noites de medo sempre gaño, sempre gaño E medirei canta será a distancia que dende min ata a última fronteira as novas queren que nista billarda gañe a vida enteira, a vida enteira.... Cantos luns espertei en branco e negro coma un actor vello pasado de moda, coma un soño , esquencido na almofaba . Todas as pantasmas que alimento, fuxiron cando soñei como xogan os deuses e os demos....á billarda   E collo o pau e doulle un duro golpe a toda a merda destes días raros e sáe un pau voando contra as noites de medo sempre gaño, sempre gaño
11.
PROJECTO MOURENTE xa teño o momento , todo pasa lento todo o mundo atento , xa non tes máis tempo non tés màis intentos sabes que podes , non teñas medo máis lonxe , máis forte ( bis ) bate forte , escacha o horizonte!! máis lonxe , máis forte ( bis ) que ninguén nin nada che importe!! Ás deter á xente, ergue a túa mente., na curva ascendente, pensa friamente, pisa firmemente , mira só para frente!! máis lonxe , máis forte ( bis ) bate forte , escacha o horizonte!! máis lonxe , máis forte ( bis ) que ninguén nin nada che importe!!
12.
mapa sonoro 00:08
13.
THE HOMENS 1,2,3 queda por aquí , traemos novos mundos por descubrir e de 9 a 3 abren para ti Podemos conseguir que deixes de sufrir, se miras como arde todo o que che fai feliz. 1,2, 3 pasa por aquí , traemos novas receitas para non sentir e de 9 a 3 abren para ti, porque nos dá a gana son pra ti pra conseguir que deixes de sufrir se miras como arde todo fai feliz. 1,2,3 queda pòr aquí sabemos o que queres , queremoste a ti queremoste ó lado comprando máis aló do que te poidas permitir, podemos conseguir que deixes de sufrir se miras como arde todo o que che querías , se perdes todo o que te fai feliz...
14.
15.
16.
17.

about

vamos alá
uuuuuu...pá!
arriba e longe!

[séchu sende]


e a vellez, derrotada chamou polas crianzas:
o pau , para lembrar como se bate no inimigo.
a billarda , para nunca esquecer
como se fan voar os soños.

[mario regueira]


un golpe exacto
na cerna da madeira:
pan palapán!!

[carlos negro]


fálasme
e a túa voz
semella relarse
na dirección da tormenta

[xavier campos]


nobre madeira
que acubillou paxaros
e ela alza o voo

[helena villar janeiro]


que non se perda
nada máis no universo
das nostalxias

[matilde castro garcía]


clonc! clanc!
clonc! clanc!
clonc! clanc!

[arsenio iglesias pazos]


baten as aves
e espallan a billarda.
sempre perderemos.

[maría lado]


bate con forza
e lanza ao horizonte
a túa vida

[eduardo estévez]

credits

released February 1, 2020

license

all rights reserved

tags

about

REPÚBLICA BILLARDA Egypt

contact / help

Contact REPÚBLICA BILLARDA

Streaming and
Download help

Report this album or account

If you like REPÚBLICA BILLARDA, you may also like: