|
1. |
|
|
|
|
2. |
|
|
|
|
MAFIA GALEGA
A Bllarda, como se xoga? Con xeito e sen bola
dálle co palán á billarda con forza
xógase na praza , na casa ou na acera
xa ten seguidores quentando na taberna , é por iso que ven da nosa zona
temos a história conservada na memoria
xa temos a nosa propia conferencia
LNB batindo records de asistencia
B-I-L-L-A-R-D-A
Billada na man , salta palán
bud spencer practica!!
B-I-L-L-A-R-D-A
Billada na man , salta palán
terence hill practica!!
Como se xoga? Hai que carallo!!
dálle co pao , á billarda no chao.
Que salte o palán sempre pa diante
o xeito na man ven da práctica constante
algo interesante , vai tocas pasarte
aquí o que importa é pasar ben a tarde
cun par de colegas...
nun bar ou na beira do mar donde sexa o lugar da verbena
B-I-L-L-A-R-D-A
Billada na man , salta palán
o teu pai practica!
B-I-L-L-A-R-D-A
Billada na man , salta palán
a túa irmá practica!
B-I-L-L-A-R-D-A
Billada na man , salta palán
LG practica …..Galizia , practica!!
|
|
3. |
|
|
|
|
CORO LNB
[ Billarda Sempre - Xabier Cordal]
Nace a Auténtica en campo liberado,
que pase a historia, que cuspa nas mans.
Soñouno Calvete, o resto han contalo
os bares do abrente, de Foz a Cabral
forza estornela, adiante co varal!
Palán ergueito, no brazo unha estrela,
a nave de buxo rebenta a mañá;
fura o nordeste cun seco varado,
dálle na frente ao Imperio do Mal,
pobo, que esperas?, adiante co varal!
Cargai no carro un mundo de xente,
vinde dos Mallos, de Ourense e Goián,
e pra quen pense que estaba acabado
o xogo na Terra, rexurde e berra:
billarda sempre, adiante co varal
billarda sempre, adiante co varal!
|
|
4. |
|
|
|
|
5. |
|
|
|
|
FRAN AMIL
Carreiro , Torreiro , ceo , terra
omezou a Liga de Billarda
billa, billarda, billa
colle o pincho , colle o palán
colle o pincho , colle o palán...
xoga o norte-sur , este-oeste
e cada vez xoga máis xente
xa comezou a liga de billarda
outra edición máis da liga de billarda
aquí non hai vencedores nen vecidos ,
gañamos todos en tódolos partidos
botando o día xogando á billarda
a vida enteira é xogo de billarda
iste é un aviso para todos
os palanadores e palanadoras diste país....colle o palán!!
billarda, billarda, billa...
colle o pincho, colle o palán!!
|
|
6. |
|
|
|
|
CUCHUFELLOS
Non xogues ó beisbol , xoupalle á billarda
dálle co palán , ate reventar
escolle a madeira, aguzaa dun xeito
bebuxaa dun xeito coma un artesán
zoupalle á billarda , practica na eira!!
zoupalle á billarda , practica na eira!!
chámanlle billarda, pincha ou estornela
chámanlle cachiza ponte a practicar!!
estas no reinado, dálle ben co marro
zoupalle á billarda, moito máis alá!!
zoupalle á billarda , practica na eira!!
zoupalle á billarda , practica na eira!!
|
|
7. |
|
|
|
|
Fanny -Alexander
Xogaches forte co palán , co seu firme podería ser
que atravese o mar , o oceanos e ma terra toda.
Bate forte anxo meu ,
ceo de estornelas debulla ó seu paso por
entre as gaivotas. , a súa traxestorioa esacta de labirintos que se perdes .
Hoxe vai frío , chove todo o que importa é que no ceo voan estornelas
Tíralas tan lonxe quen as puidera pendurar no ceo para sempre
entre o teu mundo e o meu varal , tres pasos de distancia
só tres pasoso de distancia , tres pasos de distancia...só tres pasos.
Coa estornela polo ar, sen título que poderse gorecer,
o tempo fervendo está polo ar e polo vento,
Cando conxiza as liñas que , o troco da nosa constelación
imaxinando marcas , sobre a terra seca...
a súa traxectoria esacta de labirintos que se perden.
Hoxe vai frío , chove todo o que importa é que no ceo voan estornelas
Tíralas tan lonxe quen as puidera pendurar no ceo para sempre
entre o teu mundo e o meu varal , tres pasos de distancia
só tres pasoso de distancia , tres pasos de distancia...só tres pasos.
|
|
8. |
|
|
|
|
9. |
|
|
|
|
MAGHUA
Boas señores escoiten
o que temos que contare
un xogo que non é novo
porque é tradicionale
Eu son billardeiro
no poido neghar
teño unha billarda
e o palán an man
e o palán na man
eu son billardeiro no poido neghar.
Chamamola estornela
billa, pincha ou cachiza
é o deporte máis vello
que temos na Galiza
Voume porque comezo
agharro forte o palae
concetrome niste gholpe
lonxe semella o varale
Para xogar á billardA
hai que poñerse de lado
se lle pegas un bo gholpe
podes facer un varado
Miña nai a min berroume
por rachar o pau da escoba
se me berra que me berre
xa teño billarda nova
|
|
10. |
|
|
|
|
11. |
|
|
|
|
MONTOUTO SOUND MACHINE
Ás tres corre a vez..ou quitas a man do madeiro ou as dedos che cortarei.
Ás tres corre a vez
Ás tres corre a vez
Somos netos dunha xeración
de nenos que idearion , dufriron , xogaron construíndo,
un mundo de ilusión
correndo polos camiños
buscaban e atopaban na natureza
moitas das solucións
ó problema de que facer, no tempo de lecer
campos de xogo infindo dunha machada e a discorrer
quén quere esquencer?
Quén pode prescindir?
Fiquemos atrapados no xogo para sempre
este é o noso tempo , temos que rebulir
por unha cousa moi normal
gardar do xogo tradicional
a única forma é practicar
patrimonio inmaterial...
|
|
12. |
|
|
|
|
ZËNZAR
[ Toño Randeeira--Zënzar ]
Érgome moi cedo . con resaca matinal
arroxando con Lozanitos
ou con Cesar Vidal
Moita man esquerda eu agarro os
paláns, e coa man dereita,
racho con eses paspáns
É día de billarda,
no extrarradio, na carballeira.
É día de billarda,
na cidade, na eira ou na palleira.
Xa chegan os xogadores
ondean as bandeiras
voan as billardas
de Cerceda ate Meira.
E que leven , todo, todo ...nós non lles queremos nada
Xa está a tribu billardeira
pelexando polo galo.
O atronar da madeira
fai berrar ós do Pazo.
Os señoritos do Pazo
non quixeron axudar
chegoulles a hora agora teñen que afiar
E que leven , todo, todo ...nós non lles queremos nada
nos quedamonos co pazo pra xogar ...á billarda!!
|
|
13. |
|
|
|
|
14. |
|
|
|
|
RUXE RUXE
Zoupa , levanta , apunta, peta
e dálle un fungueirazo de primeira
escacha , reventa , pecha os ollos
dalle co pau e coa ialma
Hai billarda , billarda
na miña terra estornela.
Hai billarda , billarda
na miña terra estornela.
Todos aplauden a xogada
están coma tolos , berran coma tolas
é hora de ir a por todas
Hai billarda , billarda
na miña terra estornela
hai billarda , billarda
na miña terra estornela
Debaixo a briaxe do norte
aquí xa ninguén aterrece
meteu a presión , comezou o deporte
e non hai animal que non escorrente
Hai billarda , billarda
na miña terra estornela
hai billarda , billarda
na miña terra estornela
|
|
15. |
|
|
|
|
UTRÄQÄNS
Xogan á quimbumbia
xogan á billarda
Carabullo , carabullo polo ar..
quimbumbia- billarda.
Carabullo, carabullo polo ar
En Cuba, na Galiza
( um jogo moito espectacular )
Quimbumbia, billarda
en Cuba, na Galiza
agardando o lanzamento do palanador bravú, moito bonito...
fica moito bonito
Representando a Cuba , representando á Galiza...
fica moito bonito a bilharda!!!
|
|
16. |
|
|
|
|
ZIMMER103
Nun campo de Bretoña comezou a loita
outro deporte é posíbel estaba chamando á porta.
Rompendo moldes , chegamos á Anguieira
para tirar os chantos e invadir as leiras .
A tribu toda montada na guagua
de Xila Coruña queimando a estrada
Billardas ardendo cortando o ar
penetrando no varal
Billardas ardendo cortando o ar
chega a Liga Nacional
Interferencias no sinal , informando Tele-Varal
chega o golpe do Zidane e as audiencias a reventar
os ollos da tribo brilan, coma o fío da brosa no sol da mañá
achicando as pozas , así chega a Liga Nacional....
outro deporte é posíbel!!
|
|
17. |
|
|
|
|
18. |
|
|
|
released February 1, 2020