lyrics
ZËNZAR
[ Toño Randeeira--Zënzar ]
Érgome moi cedo . con resaca matinal
arroxando con Lozanitos
ou con Cesar Vidal
Moita man esquerda eu agarro os
paláns, e coa man dereita,
racho con eses paspáns
É día de billarda,
no extrarradio, na carballeira.
É día de billarda,
na cidade, na eira ou na palleira.
Xa chegan os xogadores
ondean as bandeiras
voan as billardas
de Cerceda ate Meira.
E que leven , todo, todo ...nós non lles queremos nada
Xa está a tribu billardeira
pelexando polo galo.
O atronar da madeira
fai berrar ós do Pazo.
Os señoritos do Pazo
non quixeron axudar
chegoulles a hora agora teñen que afiar
E que leven , todo, todo ...nós non lles queremos nada
nos quedamonos co pazo pra xogar ...á billarda!!
credits
license
all rights reserved